Artigos desta sección
O grupo Pont-e sácalle proveito ás TIC para recadar solidariamente máis de unha tonelada de alimentos
A iniciativa Pont-e, unha fronte 2.0 da mocidade do último curso de Publicidade e Relacións Públicas do Campus de Pontevedra da que falamos recentemente con motivo do seu reforzamento, está a achegar bos e importantes froitos solidarios. E todo a través da participación e un emprego eficaz e rendíbel do Facebook, que é, por así dicilo, a ferramenta (...)
Ler máisEGANET apoiará o labor da organización solidaria galega Implicad@s no Desenvolvemento
Un dos piares do noso sector, amais do coñecemento, a innovación e valor humano, é a responsabilidade social. Así nolo recordou os días pasados a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet, EGANET, que vén de asinar un acordo de colaboración coa ONG galega Implicad@s no Desenvolvemento, organización centrada na loita contra as desigualdades entre os (...)
Ler máisO NeThinking devolveu a reflexión sobre as redes sociais e a comunicación á Illa de San Simón
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, encargouse hoxe de pechar o encontro NeThinking, destacando a importancia das novas tecnoloxías, do seu coñecemento e uso e, ao fío do mesmo, asegurou que “a Illa de San Simón é estes días un centro de intercambio de ideas sociais e universalmente recoñecida”, engadindo á súa (...)
Ler máisA aplicación móbil Bus Urbano supera as 10.000 descargas
O transporte público cada vez conta con máis apoios tecnolóxicos, e no caso da cidade da Coruña incluso é posible seguir en tempo real o servizo de autobuses municipais a través do móbil, o que poden facer os coruñeses con móbiles Android a través da aplicación Bus Coruña, que estes días superou as 10.100 descargas da súa versión de balde, o que celebran ofertando a (...)
Ler máisA Xunta apoiará economicamente á candidatura para obter o dominio .gal
O Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe ratificou a achega de 213.000 euros á Asociación PuntoGal, a entidade encargada de promover a candidatura, para financiar os custos da obtención do dominio .gal na Internet. A Administración galega leva apoiando a iniciativa da Asociación PuntoGal dende 2007 a través de distintos convenios de colaboración, (...)
Ler máisGalaxia publicará a obra de Casares en edición dixital
Con motivo do décimo cabodano do inesperado pasamento de Carlos Casares, que se celebra mañá día 9 de marzo, a Editorial Galaxia vai lanzar á Rede a obra dixitalizada deste autor galego, do que din “os guiou durante tantos anos”, e que ademais de escritor, “foi compañeiro e amigo”. Farao no marco da iniciativa Dez anos con Carlos Casares, que entre outras (...)
Ler máisNa maioría dos fogares españois xa se aposta polo uso do software libre
O Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas dependente de CENATIC, vén de facer públicos os datos extraídos da última enquisa levada a cabo para coñecer o uso que lle damos ao software libre nos fogares españois, e a conclusión máis importante á que se chegou é que entre os nosos hábitos de consumo TIC xa está instalado o de usar o software libre, logo (...)
Ler máisO WebTV de Blusens renova a súa interface de uso
O popular dispositivo da galega Blusens que converte o televisor nunha porta á Internet a a multitude de contidos audiovisuais achegados dende dispositivos externos, a Rede ou a TDT de alta definición, o WebTV, vén de actualizar o seu firmware, o que supón unha renovación da súa interface de usuario (moito máis visual e intuitiva), do seu navegador web (que (...)
Ler máisO CPETIG celebra mañá en Compostela un seminario práctico sobre Xestión de Proxectos (PMO)
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) xa ten cubertas, dende hai varios días, as prazas que tiña dispoñibles para o curso sobre Oficina de Xestión de Proxectos (PMO) que vai celebrar no Hostal dos Reis Católicos a partir de mañá, o que demostra o crecente interese que os distintos sectores amosan cara as accións formativas (...)
Ler máisO CDTIC celebrará unha nova sesión demostradora de solucións o 21 de marzo
O Centro Demostrador TIC de Galicia, posto a andar pola Xunta para, entre outras cousas, difundir as vantaxes da integración das TIC nas empresas e facilitar a súa incorporación aos procesos produtivos, vén de anunciar a celebración dunha nova sesión demostradora de proveito, que terá lugar o vindeiro 21 de marzo a partir das 10:00 horas. Desta volta (...)
Ler máis0 | ... | 28820 | 28830 | 28840 | 28850 | 28860 | 28870 | 28880 | 28890 | 28900 | ... | 42450