Artigos desta sección
Tagen Ata pon en marcha unha web para favorecer na comarca de Narón a formación TIC
Tagen Ata, empresa galega que dedica unha boa parte dos seus esforzos TIC á responsabilidade social, achegando polo miúdo os seus froitos de traballo en formación e asesoramento, vén de lanzar na Rede un novo servizo de formación. Estamos a falar de espazodixital.com, acubillo de recursos e propostas de aprendizaxe posto en marcha en colaboración con Café de (...)
Ler máisA Universidade de Vigo e a Tecnópole recoñecen o potencial da rede social Fena
Se hai uns días falabamos en Código Cero dos proxectos innovadores máis salientábeis xurdidos o ano pasado abeiro da Universidade de Santiago, todos eles con potencial como para dinamizar o tecido produtivo galego, agora é a quenda de ollar cara a Vigo e os seus campus, de onde abrolla, precisamente, a rede social Fena, gañadora do segundo premio ao Mellor (...)
Ler máisAberto o prazo de inscrición dos cursos en liña preparatorios para a obtención do Celga 1
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa entidade dependente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de abrir hoxe o prazo de inscrición dunha nova edición de cursos en liña específicos para preparar o Celga 1, é dicir, as probas de acreditación do coñecemento de lingua galega, que confirman o dominio básico do idioma (...)
Ler máisR avanza detalles sobre os seus novos combos
O operador galego R adiantou esta semana unha serie de detalles concretos acerca das melloras anunciadas sobre os combos de residencial. Para comezar, a empresa sinala que as condicións dos combos superan con moito aos antigos, en primeiro lugar porque os clientes “sairán gañando en condicións de telefonía fixa e móbil”. No que atinxe ás velocidades ofrecidas (...)
Ler máisEste ano poderían xurdir versións máis pequenas ou económicas do iPad
Por n-ésima vez dende o lanzamento do primeiro iPad, e ante o inminente anuncio do iPad 3, rexorden os rumores sobre un tablet de Apple máis barato e/ou máis cativo, que chegaría ao mercado despois do verán cunha pantalla de 7,85 polgadas para competir con dispositivos coma o Kindle Fire, ao que se igualaría en prezo, o que non deixa de ser un rumor un tanto (...)
Ler máisPresentan no Barco o portal de venda en liña do comercio galego
A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta tarde no Barco de Valdeorras na presentación nesta vila do portal de comercio electrónico comerciogalicia.es, unha plataforma posta en marcha en colaboración pola Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de (...)
Ler máisGuadec 2012 reunirá na Coruña a máis de cen especialistas en GNOME
Finalmente e segundo nos contan dende Mancomún, a nova edición da GUADEC vaise celebrar tamén na nosa terra, logo de convocatorias previas como a de 2010. Máis polo miúdo, será na Coruña, cidade con longa experiencia en accións ligadas á celebración do software libre e á busca de novos métodos de colaboración arredor destes programas. Amais disto, cómpre lembrar (...)
Ler máisO CNTG convoca novos cursos tecnolóxicos a celebrar este mes de marzo
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vén de lembrar que a partir do vindeiro día 5 deste mes vai dar comezo o curso de Detección de intrusos en profundidade, un ciclo formativo dirixido a profesionais do eido da seguridade en liña co que axudarlles a detectar intrusos en infraestruturas informáticas, así como dar a coñecer diversas e potentes ferramentas (...)
Ler máisXimena cumpre dez anos de vida achegando novas tecnoloxías para a xestión do medio
Ximena Enxeniería vén de cumprir dez anos de vida no tecido económico galego, unha circunstancia a ter moi en conta se atendemos aos atrancos cos que se atopa na actualidade unha iniciativa emprendedora e innovadora (e sen querermos desanimar a ninguén). Atrancos que teñen ver coa crise pero tamén cun eido produtivo, o noso, que aínda ten prexuízos que (...)
Ler máisTelefónica presenta unha tecnoloxía que sensoriza os traxes dos bombeiros
Esta semana presentouse en Catalunya un desenvolvemento tecnolóxico de Telefónica directamente encamiñado a reducir os riscos no día a día das persoas que traballan combatendo o lume, cousa que na nosa terra, de seguir afianzándonos neste clima que non é propio nin axeitado, coa gráfica do perigo potencial de incendios disparándose, se cadra debera ser tido en (...)
Ler máis0 | ... | 28810 | 28820 | 28830 | 28840 | 28850 | 28860 | 28870 | 28880 | 28890 | ... | 42380