Nova funda con teclado de Logitech para o iPad mini
martes, 20 de agosto do 2013
Coa vista posta na portabilidade do iPad mini, Logitech
lanza un novo teclado-funda, o Logitech
Ultrathin Keyboard Folio, que procura protexer ao pequeno tablet de Apple
durante os seus desprazamentos á vez que facilita un áxil e cómodo tecleo (á
vez que libera na pantalla o espazo que habitualmente ocupa o teclado virtual).
Este accesorio que se comunica co iPad mini por Bluetooth só pesa 285 gramos e
ten un grosor de 19,3 milÃmetros, ten unha baterÃa recargable por USB, pode
colocarse en dúas posicións (elevando o iPad mini para convertelo nunha especie
de ordenador portátil ou agochando o teclado por detrás do tablet) e tamén
facilita a suspensión e reactivación automática do iPad mini (con só pechar ou
abrir a súa tapa).
Este accesorio está xa á venda por 82,50 euros e está pensado principalmente
para os usuarios que precisan de facer uso de ferramentas de produtividade en
mobilidade e non queren cargar cun ordenador portátil completo para tal fin.