Nokia poderÃa presentar 2 novos Lumia nun par de semanas
xoves, 23 de agosto do 2012
Para o vindeiro 5 de setembro agárdase unha conferencia de
prensa de Microsoft e Nokia, na que é de agardar que presenten os seus novos
móbiles con Windows Phone 8, que formarÃan parte da prometedora familia Lumia,
e que polo momento coñécense
polos nomes en clave Arrow e Phi.
Entre os rumores que circulan pola Rede asegúrase que o Phi é un terminal con procesador de dobre núcleo, corpo de
policarbonato, pantalla AMOLED de 4,7 polgadas e lector de tarxetas de memoria
microSD, que incluso terÃa versión con LTE nalgúns mercados, e que poderÃa
considerarse como o sucesor do Lumia 900, mentres que o seu irmán pequeno serÃa
o Arrow, que terÃa unha pantalla de 4
ou 4,3 polgadas.
Tamén é posible que os novos móbiles da familia Lumia comecen a integrar a
tecnoloxÃa fotográfica PureView, o que permitirÃa que Nokia despuntase na
calidade das cámaras dos seus móbiles, o que poderÃa ser un factor decisivo á
hora de captar a atención dun mercado que a nivel internacional non fixo moito
caso dos Lumia actuais.