Nissan presenta o concepto de smartwatch para o automóbil
luns, 9 de setembro do 2013
Non só as compañías fabricantes de smartphones e outros
dispositivos de electrónica de consumo están a fixar a súa atención ante a
posible emerxencia dos smartwatches, senón que hoxe sorprende a propia Nissan
anunciando que será o primeiro fabricante de automóbiles en crear un
reloxo intelixente deseñados especificamente para os condutores de coches
Nissan Nismo, facilitando ao condutor datos biométricos en tempo real.
O novo reloxo poderá verse entre os días 10 e 22 de setembro no Salón de Frankfurt, e permitirá
analizar a eficiencia do vehículo cos datos de velocidade e consumo medio;
acceder á telemática do vehículo e aos seus datos de prestación en circuíto;
obter datos biométricos mediante a monitorización do corazón (buscando
identificar a fatiga o máis rápido posible); conectar co coche mediante unha
aplicación de smartphone a través de Bluetooth 4.0; e recibir mensaxes
personalizados de Nissan.
O Nismo Watch permitirá gravar e compartir nas redes sociais o rendemento do
condutor a través do software Social Speed e estará dispoñible en 3 cores (negro,
branco e branco/vermello) estando inspirada a súa estética no aro Nismo e
concretado nun deseño futurista e ergonómico. A súa interface de uso é doada de
empregar (contrólase mediante 2 botóns) e a súa batería pode recargarse
mediante micro USB, tendo unha autonomía dunha semana (en condicións normais de
uso).
Vídeo de presentación do Nismo Watch