Navegador GPS do Coche Fantástico
martes, 24 de xuño do 2008
O fabricante de
navegadores GPS Mio sorprende ao mundo licenciando un dos seus dispositivos coa
marca Knight Rider (o Coche Fantástico
da serie de televisión protagonizada por David Hasselhoff nos anos 80). Pero o
navegador de Mio non só inclúe o logotipo da serie televisiva no seu exterior,
senón que tamén destaca
por contar coa voz de William Daniels (o actor que dobraba a KITT na
serie orixinal) que mesmo se dirixe ao condutor chamándolle Michael.
Para rematar de redondear o produto, aos
lados da pantalla LCD do navegador GPS temos unha serie de LED que
lembran ao sistema gráfico que representaba o falar do Coche Fantástico, polo que este trebello que sairá á venda no
outono por 270 dólares será imprescindible para moitos nostálxicos.
|
O Mio Knight Rider GPS incluirá de serie os mapas de EE.UU. e Canadá, aÃnda que existirá a posibilidade de adquirir novos mapas internacionais, para que os interesados poidan facerse con este orixinal dispositivo dende calquera parte do mundo (aÃnda que non parece que vaian a dobrar a voz de KITT para mercados distintos ao norteamericano).