Amazfit porá á venda este mes o seu anel con monitorización de actividade
xoves, 2 de maio do 2024
Que Samsung estea a prepararse para lanzar un anel que permita monitorizar a actividade fÃsica dun xeito menos intrusivo que un reloxo leva a pensar que podemos estar ante a popularización deste tipo de accesorios, e unha marca que nos resulta moi familiar, Amazfit, quere adiantarse anunciando que o vindeiro 15 de maio vai pór á venda nos EE.UU. o Amazfit Helio Ring a un prezo de 299,99 dólares (aÃnda que reducirÃa o seu prezo até os 149,99 dólares de adquirirse en conxunto con reloxo Amazfit Cheetah Pro ou o T-Rex Ultra), confirmando que teñen previsto levar o produto a máis mercados en breve.
O Amazfit Helio Ring é un discreto accesorio delgado (2,6 milÃmetros de grosor), lixeiro (menos de 4 gramos) e resistente á auga, que pode facer un seguimento do ritmo cardÃaco, o nivel de osÃxeno en sangue e o estrés, podendo servir tamén para facer un seguimento do sono. Compleméntase cunha aplicación móbil que facilita a interpretación dos datos recollidos. Tamén poderá sincronizarse coas aplicacións deportivas máis populares (adidas Running, Google Fit, Apple Health, Strava...).
Inicialmente só vai estar dispoñible nun par de talles, pero xa está prevista a súa fabricación en 7 talles diferentes.
O dispositivo ten unha autonomÃa de até 4 dÃas e pode cargarse sen fÃos en aproximadamente unha hora e corenta minutos.
Queda agora por ver se realmente hai demanda para este tipo de monitor de actividade, e se a xente apostará por dispositivos económicos ou preferirá opcións de alta gama como as que moi probablemente veremos nos vindeiros meses.