Advirten de que Fossil abandonou o mercado dos smartwatches
luns, 6 de maio do 2024
O fabricante de reloxos tradicionais Fossil leva anos comercializando reloxos conectados co sistema operativo de Google, e aÃnda que sexan produtos bastante elegantes e atractivos, en xaneiro confirmouse que a compañÃa pechaba a súa división de smartwatches para centrarse en segmentos do seu negocio máis produtivos.
AÃnda que os reloxos Fossil Gen 6 continuarán a recibir soporte durante varios anos, non parece que vaian contar coas actualizacións e novas funcionalidades que recibirán os dispositivos doutras marcas.
Algo que cómpre destacar actualmente xa que en diferentes páxinas web podemos ver como están a liquidar existencias con prezos que distan moito de ser gangas, xa que sitúan sobre os 200 euros dispositivos que podemos considerar descatalogados.
Non é de sorprender que estean a advertir da situación, pois hai establecementos en liña que, en vez de vender estes reloxos a prezos no contorno dos 100 euros, continúan a comercializalos a prezos parellos aos de móbiles semellantes de compañÃas como Samsung, que si terán soporte a longo prazo por parte do seu fabricante.
- Fossil comercializaba reloxos conectados bastante elegantes