Samsung espalla as funcións de IA a móbiles de hai 2 anos

venres, 10 de maio do 2024 Marcus Fernández

Cando Samsung lanzou os seus novos Galaxy S24 estreou numerosas funcións de intelixencia artificial que abrían novas posibilidades aos usuarios como a tradución de texto e voz en tempo real ou un método moi áxil para a realización de buscas visuais a través de Google. Deste xeito a IA servía de reclamo para a compra dos novos produtos de Samsung, pero pouco despois deste lanzamento decidiron ampliar a dispoñibilidade das funcións de IA a dispositivos móbiles de gama alta de 2023, e agora están a anunciar que a actualización de One UI 6.1 levará as funcións de IA a produtos de 2022.
Aínda non confirmaron o lanzamento desta nova experiencia en Europa (que previsiblemente será inminente), pero nos EE.UU. xa están a lanzar a actualización nos EE.UU. para produtos da familia Galaxy S22, o Galaxy Z Flip4, o Galaxy Z Fold4 e as tabletas Galaxy Tab S8.