Nace unha nova televisión pola Rede sobre o Vaticano
luns, 18 de decembro do 2006
A axencia
de novas televisivas sobre o Vaticano, Rome Reports, seguindo
a tendencia xeneralizada nos últimos meses, estreou unha televisión a través da Internet, que
empregará como plataforma para a difusión de novas diarias de 3 minutos de
duración, documentais semanais de 26 minutos e reportaxes mensuais de 52
minutos.
O servizo comeza en español e inglés (e pronto incluirá o francés) e será de balde durante un mes e medio,
tralo que pasará a unha modalidade de pago, nunha experiencia que procura
coñecer a posible demanda deste tipo de servizo informativo.
Os contidos desta nova televisión, pese ó que poida parecer, non son
relixiosos, senón que tratan temas de polÃtica, sociedade e economÃa, aÃnda que
sempre dende o punto de vista do Vaticano.
