Marvel Run Jump Smash! estréase nas tendas de descargas móbiles
martes, 11 de febreiro do 2014
No outono Marvel anunciou que
estaba a preparar un runner con
moitos dos seus personaxes máis populares, como Hulk, o Capitán América e Iron
Man, que finalmente xa está dispoñible
na App Store por 0,89 euros e en
Google Play por 0,75 euros.
Marvel Run Jump Smash! permÃtenos
voar como Iron Man, aplastar como Hulk, correr e saltar como o Capitán América,
disparar como a Viuda Negra,
balancearte como Spider-Man, disparar frechas como Hawkeye, descargar o poder
do trono como Thor ou lanzar o estalido binario da Capitana Marvel, mentres se
esquivan os obstáculos e faise fronte a malvados como Loki para avanzar o
máximo posible.
Para conseguir unha maior puntuación pode mudarse de personaxe e activar
cadanseu ataque especial. Coas moedas que se van recollendo durante as partidas
poderán mercarse poderes especiais para mellorar a distancia e a puntuación.
- AÃnda que o xogo partÃa cos personaxes da pelÃcula cinematográfica de Los Vengadores, foi incorporando personaxes como Spider-Man e a Capitana Marvel
- Os ataques especiais de cada personaxe permitirannos mellorar a nosa puntuación no xogo