Marshall prepara un smartphone para audiófilos
xoves, 16 de xullo do 2015
Marshall,
o popular fabricante de amplificadores, altofalantes e auriculares, vai lanzar
a finais de agosto un smartphone orientado á reprodución musical e a captar
aos amantes da súa marca e estética, que xa está dispoñible en pre-reserva a un
prezo bastante elevado (549 euros) se temos en conta que estamos ante un
terminal con prestacións de gama media.
Dende Marshall London aseguran que o seu
smartphone ofrecerá unha experiencia sonora de calidade, grazas aos seus altofalantes
duais, presumindo tamén de poder reproducir ficheiros FLAC (sen compresión) de
xeito cristalino, e incluso conta con
micrófono estéreo para poder realizar gravacións en mobilidade con calidade
(para o que tamén conta con tecnoloxÃa de redución de ruÃdo).
Unha das curiosidades máis interesantes deste smartphone é que na súa parte
superior conta con dúas tomas para auriculares, pensando asà en que dous usuarios
poidan compartir música, contando incluso con reguladores de volume
independente (mediante unhas roscas analóxicas laterais que danlle un toque de
deseño singular). A reprodución musical tamén pode ecualizarse, de xeito que
personalizaremos o xeito de escoitar a música dende un menú de configuración xeral
(non tendo que ir aplicación a aplicación). O teléfono incluirá un reprodutor
musical pre-instalado que soporta os formatos máis popular como MP3, MP4,
AAC...
O smartphone de Marshall ten un acabado cunha textura que lembra aos
amplificadores da marca, dándolle unha aparencia moi atractiva e elegante, ao
que tamén contribúen detalles metálicos en dourado nos seus conectores e
botóns, deixando claro que estamos ante un produto que coida os seus materiais
e o seu uso principal, sen entrar a competir co resto de teléfonos no mercado
se atendemos ás súas especificacións técnicas: conectividade LTE, procesador
Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámaras de 8 e 2
MpÃxeles, pantalla IPS de 4,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles,
Wi-F N, Bluetooth 4.1 (con aptX), baterÃa de 2.500 mAh, un grosor de 9,8
milÃmetros e un peso de 145 gramos, que chegará de serie con Android 5.0.2.
Venderase inicialmente en Reino Unido, Escandinavia e PaÃses Bálticos, para
chegar logo a un total de 22 paÃses.