Mando universal de Philips que combina pantalla táctil con teclas
mércores, 17 de decembro do 2008
Os mandos a
distancia universais están a mellorar as súas prestacións á vez que os nosos
fogares contan cada vez con máis trebellos tecnolóxicos que controlar, e o
último produto que Philips presenta para atender esta demanda é o mando Prestigo
SRT9320, que combina unha pantalla táctil de 2,8 polgadas na metade
superior, con botóns na parte inferior.
O SRT9320 é capaz de controlar ata 20 dispositivos, é completamente programable
(inclúe métodos de aprendizaxe e permite macros
multidispositivo sen ter que conectalo ao PC) e serÃa o mando de alta gama da familia
Prestigo, pois este modelo custarÃa uns 249 dólares, cando nesta
familia se poden atopar mandos por menos de 100 dólares, aÃnda que cunha
interface de uso menos revolucionaria.
A combinación de fortes teclas de grande tamaño no mando para funcións básicas
coma modificar o volume ou cambiar de canle é un dos atractivos deste mando que
conta con moitas outras funcións avanzadas na súa pantalla táctil, de xeito que
podemos optar por un modo de uso ou outro segundo as tarefas que desexemos
realizar co mesmo. Resulta especialmente atractivo que conte cun sistema de
xestión das canles televisivas nas que figuran os logotipos das mesmas en
pantallas e mesmo se poden agrupar segundo as nosas preferencias, o que
facilita enormemente o zapping co
incremento da oferta de canles actual, aÃnda que hai que ser un tanto
habilidoso para tirar proveito de todas as posibilidades deste avanzado mando a
distancia.
O Philips Pretigo SRT9320 sairá á venda no primeiro trimestre de 2009.