Logitech libra de cables os seus auriculares Pro para gamers
martes, 28 de xullo do 2020
Habitualmente os auriculares para gozar de videoxogos son de
cable para evitar problemas de latencia, pero pouco a pouco esta eiva vaise
solucionando, e asà presentan hoxe os auriculares
gaming sen fÃos Logitech G Pro Lightspeed, que prometen unhas
especificacións iguais ás dos auriculares profesionais da marca, aso que
equiparon cun sistema de comunicación sen fÃos de alta velocidade na banda dos
2,4 GHz. Con esta tecnoloxÃa os auriculares teñen unha autonomÃa de até 20
horas e un alcance de até 13 metros.
Os auriculares inclúe o software Blue Voice para conseguir unha maior claridade
nas comunicacións de voz durante as partidas en liña ou durante a realización
de streaming; tamén ofrecen son envolvente DTS 7.1; e aos súas almofadas
son de escuma con memoria de xeito que resultan confortables durante as longas
sesións de xogo.
Estes novos auriculares están á venda nos EE.UU. por 199,99 dólares, incluÃndo
receptor USB para as comunicacións sen fÃos, cable de carga e bolsa de transporte.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Logitech