Lenovo ThinkPad P1: unha estación de traballo portátil e delgada
luns, 13 de agosto do 2018
A
familia de estacións de traballo de Lenovo está a medrar, e co
ThinkPad P1 recibe ao equipo desta gama máis delgado e lixeiro, demostrando
que a potencia non é incompatible coa portabilidade e comodidade.
Estamos ante unha estación de traballo portátil, cun acabado en negro, touchpad
de cristal e un acabado de grande calidade baixo o que poden agocharse procesadores
Intel Xeon e Core de 8ª xeración (incluÃndo os novos Intel Core i9), memorias
ECC a até 4,6 GHz e gráficas nVIDIA Quadro P1000 ou P2000, de xeito que temos
potencia dabondo para tarefas moi esixentes. Estes equipos tamén poden equiparse
con pantallas IPS de 15 polgadas (Full HD normal ou 4K táctil), até 4 TB de
almacenamento M.2 PCIe e até 64 GB de RAM a 2.667 MHz (ou 32 GB de ECC).
Pese ás impresionantes configuracións do ThinkPad
P1 de Lenovo, este equipo mantén o seu peso nos 1,7 quilogramos e a súa autonomÃa
poderÃa chegar até ás 13 horas. Todo un portento que sairá á venda a finais de
agosto, cun prezo que nos EE.UU. partirá dos 1.949 dólares.
- A estación ThinkPad P1 ten un grosor de 18,4 milÃmetros e un peso de 1,7 quilos