Lector de tarxetas de crédito por USB
mércores, 15 de xullo do 2009
Os usuarios máis temerosos
de pagar con tarxeta de crédito a través da Internet teñen unha nova solución
que poderÃa reforzar a seguridade no lado do usuario consistente nun lector de
tarxetas de crédito que funciona por USB e que pretende evitar o roubo de datos
no equipo do usuario, e que venden
dende Canadá por 99,95 dólares (62,25 euros).
O lector de tarxetas de crédito por USB
SmartSwipe é compatible coa meirande parte das tendas en liña, e fai
que os datos da nosa tarxeta (Visa, MasterCard, American Express ou Discover)
vaian seguros do noso equipo aos servidores web da tenda virtual coa que
queremos operar, libres do perigo de ataques por parte de software malicioso (en
boa medida porque non se chega a teclear nunca o número da nosa tarxeta).
De todos os xeitos, non parece que este trebello sexa precisamente necesario, de xeito que o seu público
potencial serÃan os usuarios paranoicos
da seguridade.