LG presenta os seus televisores sen marco
venres, 4 de setembro do 2009
LG levou á feira
IFA 2009 un par de novos modelos de televisor (SL8000 e SL9000) que destacan por carecer de marco
ao redor da súa pantalla, de xeito que os seus frontais están
formados por unha peza plana.
O LG SL9000 estará dispoñible en modelos de 42 e 47 polgadas, cun grosor de 2,9
centÃmetros, unha relación de contraste de 3.000.000:1, tecnoloxÃa TruMotion a
100 Hz, FullHD con soporte de modo 24p, Bluetooth (para poder escoitar o son
con auriculares sen fÃos ou para recibir imaxes, música e vÃdeo) e un porto USB
dende o que cargar música en MP3 e vÃdeo (soportando ata DivX de alta
definición).
O LG SL8000 serÃa un modelo moi semellante, pero cun grosor maior (4,5
centÃmetros), pero con tecnoloxÃa TruMotion a 200 Hz, de xeito que mellora a
visualización de escenas rápidas (conta cunha velocidade de resposta de 2
milisegundos). Ten una relación de contraste de 150.000:1, e tamén gozas das
prestacións multimedia do SL9000.
Sobre os seus prezos, o
LG SL8000 de 42 polgadas venderase por 1.399 euros, mentres que o SL900 de 47
polgadas custará 1.699 euros.