Kinect supera os 10 millóns de unidades vendidas
mércores, 9 de marzo do 2011
Microsoft
continúa a facer anuncios positivos sobre Kinect, o accesorio que incorpora a
detección de movemento á Xbox 360, e agora celebran que o trebello conseguiu
vender ata o momento 10 millóns de unidades globalmente, asà como máis de
10 millóns de xogos soltos para Kinect, o que son unhas cifras realmente
abraiantes que tamén válenlle
un Record Guinness ao converterse Kinect no dispositivo de electrónica de
consumo de venda máis rápida, con 133.333 unidades vendidas por dÃa, sumando 8
millóns de sensores nos seus primeiros 60 dÃas á venda.
Dende a compañÃa de Redmond aproveitan a celebración do seu éxito para lembrar
que nos vindeiros meses poderemos ver Avatar Kinect (plataforma que aproveita a
detección de movemento para integrar ao noso avatar nunha sala virtual na que
poder socializar con outros usuarios de Xbox LIVE) e xogos coma Body and Brain Connection, Michael Jackson The Experience, The Gunstringer, Kung Fu Panda 2, Carnival
Games: Monkey See, Monkey Doo e Sesame
Street: Once Upon a Monster.
