Artigos desta sección
Dropbox permite sincronizar e compartir cartafoles entre ordenadores de distintas plataformas
Os usuarios que queiran compartir e sincronizar ficheiros entre varios sistemas operativos poden empregar agora Dropbox, un servizo que vén de saír do seu período de probas, e que conta con versións para Windows, Mac OS X e Linux, permitindo seleccionar un cartafol do disco duro para que os seus contidos se notifiquen a todos os equipos que poidan acceder (...)
Ler máisYahoo! Noticias podería complementar a súa información con ligazóns a blogs
O servizo Yahoo! Noticias parece estar adaptándose ao fluxo informativo que cada vez circula máis por medios fóra dos tradicionais, de xeito que as novas que publican aparecerán completadas non só con ligazóns xornais en liña, senón que tamén incluirán referencias a blogs, o que axudará a ampliar a información sobre os temas de (...)
Ler máisBlogger faise máis social incorporando a función de seguimento de blogs
Dende Google queren facer máis social o seu servizo de blogs, polo que Blogger vén de incorporar a función Following (polo momento só na súa versión en inglés) que permite amosar nun recadro aos usuarios que fan un seguimento frecuente do blog, así como coñecer os blogs que eles tamén escriben e seguen, o que axuda a espallar a relación entre bitácoras. A nova (...)
Ler máisYes.fm achega 2 millóns de cancións mediante streaming
A xente que guste de escoitar música a través da Internet sen descargala previamente ten unha nova opción, Yes.fm, que comeza hoxe a operar, e conta cun catálogo de máis de 50.000 artistas e 2 millóns de cancións de todos os xéneros grazas a acordos coas 4 grandes distribuidoras (Universal, Warner Musica, Sony BMG e EMI) e con selos independentes (coma BOA ou (...)
Ler máisKiosko.net permite seguir as portadas da prensa diaria
Distintos blogs están a recoller a nova versión en probas da clásica web de Kiosko, que presenta na Internet as portadas de moitas das publicacións de prensa máis representativas de España, e que, aparte de fuxir dun URL moi complexo (http://www.hhmmss.com/kiosko/HOY/) e estrear dominio (http://kiosko.net/) mellora a súa oferta de contidos cas primeiras (...)
Ler máisHospedaxes renova a súa páxina web
A empresa coruñesa de servizos orientados á web, Hospedaxes, vén de renovar a súa páxina web para adaptarse ás necesidades que foron xurdindo do mercado, entre os que destaca a remodelación completa da sección de hospedaxe web, na que se poden contratar os seus plans en liña (pagando tanto por transferencia bancarias coma por medios telemáticos) e incorporando á (...)
Ler máisGoogle lanza un servizo de vídeo para empresas
É innegable que Google está a dominar o sector do vídeo na Rede con YouTube, pero agora buscan achegar este tipo de servizos á empresa, polo que presentan Google Video for business, unha plataforma de vídeo para o uso no interno nas corporacións, que pretende achegar un contorno privado e seguro que non dan outras solucións actuais. Dentro deste servizo os (...)
Ler máisA adicción a Internet xa ten nome propio:Googlite!
Segundo un estudo realizado pola empresa YouGov por encargo do servizo de información telefónica 118118, o 44 por cento dos británicos séntense estresados e con niveis altos de ansiedade ante a “imposibilidade de poder conectarse a Internet” polo motivo que sexa. Para levar a cabo o informe, YouGob entrevistou a 2.100 cidadáns daquel país durante a primeira (...)
Ler máisPreséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad
O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec (vinculado ó lema As TIC, ponte entre culturas: Iberoamérica e Europa, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade. Julio Cabero, Margarita Córdoba e (...)
Ler máisPlaneta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura
A editorial Planeta a través da súa nova web Planetalector.com quere «crear unha Comunidade Virtual de Profesores comprometida co fomento da lectura a través das novas tecnoloxías» pretendendo «converterse nun punto de encontro para compartir información, experiencias, inquedanzas, plans lectores, recursos e demais aspectos da labor educativa coa intención de (...)
Ler máis0 | ... | 250 | 260 | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | ... | 680
