Artigos desta sección
Axudas de Innovación para que os autónomos galegos adquiran ordenadores
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, vén de asinar, esta mesma mañá, diversos convenios de colaboración con 32 comercios que se adheriron á convocatoria aberta da Consellaría, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, para o establecemento dun sistema de concesión de axudas aos autónomos para a compra (...)
Ler máisAberto o prazo de matrícula para formarse no máster en accesibilidade da UOC
Garantir a plena accesibilidade a tódolos cidadáns, independentemente da súa diversidade funcional, é unha materia pendente para case tódolos organismos comprometidos coa Sociedade da Información en ofrecer os seus servizos sen barreiras e de xeito responsable. Isto, amais de facer ás entidades mellores de cara ós ollos dos organismos públicos, tamén permite (...)
Ler máisSó o 5,5% dos blogs existentes están en activo
David Sifry actualizou o seu habitual informe sobre o estado da blogosfera analizando os datos rexistrados por Tecnorati, combinando análises de datos brutos con máis dun milleiro de enquisas entre os seus usuarios, reflectindo uns datos impresionantes coma que o censo de blogs estaría nos 133 millóns (despois do borrado de moitos blogs-lixo), dos que só 7 (...)
Ler máisMundo.es publica unha selección do mellor da blogosfera
A incubadora de negocio Boom Business vén de estrear a web Mundo.es, que é un agregador de novas tomadas de blogs, presentando a información cun formato moi semellante ao dun xornal dixital, e estando os contidos administrados por persoas que escollen o que consideran máis interesante da blogosfera (aínda que na fin de semana serán os lectores os que (...)
Ler máisSecond Life só conta con 68.000 usuarios simultáneos
O mundo virtual de Second Life parecía estar dando lugar a unha nova burbulla da Internet, con moitas empresas apostando por este xeito de comunicarse que finalmente non se está a converter no que certos gurús vaticinaban , e nunha entrevista a Mark Kingdon, novo director xeral de Linden Lab, póñense as cifras en negro sobre branco. Sabemos agora que aínda (...)
Ler máisGoogle estrea un blog en español para webmasters
Dende Google publican moitos recursos para facer máis doada a vida aos desenvolvedores de páxinas web, coma os seus grupos de axuda, as Webmaster Tools e varios blogs, dos que veñen de estrear un en español dirixido especificamente a webmasters.
Ler máisSaramago estrea blog cunha alta afluencia de visitantes
O Premio Nobel portugués de Literatura, José Saramago, autor de obras como Todos os nomes, Cadernos de Lanzarote ou A viaxe do Elefante (libro que acaba de rematar logo de pasar 7 meses cunha doenza que mesmo o tivo ao borde da morte), vén de afianzarse de cheo nas novas tecnoloxías (que, por certo, lle veñen como anel ao dedo para dar renda solta á súa (...)
Ler máisEuroparl TV, nova canle de televisión en Internet do Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo vén de dar a coñecer a súa nova canle de televisión en Internet, Europarl TV, que estará dispoñible dende hoxe en 22 das 23 linguas oficiais da Unión Europea. Segundo veñen de informar os seus responsables, esta canle nace coa intención de “achegar a actualidade dos Vintesete en tempo real” a calquera usuario do territorio que teña acceso á (...)
Ler máisBerners-Lee crea unha fundación para universalizar o emprego da Rede
O físico británico, Tim Berners-Lee, que alá polo ano 1989 sorprendeu á humanidade con un dos mellores inventos habidos e por haber, a World Wide Web (sen a cal non sobrevivirían a meirande parte dos frikis deste país), vén de anunciar a creación dunha fundación encamiñada a proporcionarlles Internet aos habitantes de tódolos países do planeta sen facer ningún (...)
Ler máisGoon City nace como a cidade virtual do pixel art
Na web hai moita presenza de ilustracións coñecidas coma pixel art ou arte pixelado, que veñen a ser debuxos realizados imitando as reducidas prestacións gráficas dos videoxogos dos anos 80 que son toda unha icona cultural. É doado atopar moitas parodias e homenaxes aproveitando este recurso artístico, e grazas a un proxecto de Ryan Allen (un dos ilustradores (...)
Ler máis0 | ... | 240 | 250 | 260 | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | ... | 680
