Artigos desta sección
A CIG renova a súa web
A Confederación Intersindical Galega (CIG), despois dun ano levando a cabo movementos para a posta en marcha dun novo sitio web máis accesible para os traballadores e traballadoras de Galicia, vén agora de renovar a súa páxina web, engadindo novos contidos clasificados, eventos, seccións para a descarga de arquivos e foros para a participación dos seus (...)
Ler máisPagan 5,1 millóns de dólares por Toys.com
Cando parecía que as vendas de nomes de dominio de Internet deixaba de ser un bo negocio ante a diversidade de dominios de primeiro nivel, unha intensa poxa entre Toys ’R’ Us e National A-1 (empresa que conta na súa carteira con dominios coma free.com, boys.com e girls.com) para facerse con Toys.com, dominio polo que finalmente pagaron 5,1 millóns de (...)
Ler máisNace Wikisaber.es, un novo portal educativo para alumnos, mestres e familias
Manuel Bragado, o director xeral de Edicións Xerais de Galicia e autor do blog Brétemas, vén de publicar unha entrada neste último que anuncia a presentación do novo portal educativo Wikisaber.es, unha web promovida por Intel Educación que terá lugar o vindeiro 11 de marzo en Madrid. O novo portal ten carácter gratuíto e aposta, segundo Bragado, “polo ensino (...)
Ler máisPanoramio intégrase en Google Street View
O sistema de vista a pé de rúa de Google Maps, Google Street View, vén de integrar o servizo de Panoramio, de xeito que cando vemos as rúas de Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia (e proximamente tamén con cidades galegas) captadas pola cámara de 360 graos do coche de Google, podemos acceder tamén a fotografías xeolocalizadas publicadas na web por outros (...)
Ler máisYahoo! podería pórse de novo á venda
A firma estadounidense de Internet, Yahoo!, que comezou o ano, segundo algúns medios, “co pé dereito” ao incrementar a cota de mercado de procuras no seu país “natal” ata nun 0,5 por cento, por enriba do seu competidor, Google, vén agora de anunciar a venta do seu negocio de procura, “profundamente ligado con outros produtos en liña e propiedades da compañía”. (...)
Ler máisSteve Jobs, candidato aos Príncipe de Asturias deste ano
O presidente de Apple, Steve Jobs, vén de ser presentado como candidato aos Premios Príncipe de Asturias 2009 de Investigación Científica e Tecnolóxica por un grupo de empresarios asturianos que, sabedores ou non de que esta semana cumpre 54 anos, lle acaban de facer un dos mellores agasallos que lle puideron facer nunca. A candidatura foi presentada o (...)
Ler máisO Ateneo Ferrolán prosegue co seu labor de dixitalización de arquivos
Os traballos de Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, seguen a desenvolverse –segundo fontes da propia entidade- polo bo camiño e xa se vén de ampliar o proxecto coa doazón de máis de 230 títulos editados polo servizo de publicacións da Fundación e coa cesión ao Ateneo da colección de microfilmes de El Correo (...)
Ler máisNova sección de motos para a web EllasConducen.com
A incorporación das mulleres ao mundo das dúas rodas está a medrar de xeito vertixinoso dende hai uns anos, debido en gran parte ao seu abaratamento, á súa comodidade e tamén a que agora está permitido conducir motos de menos de 125 cc con carné B-1. É por isto que, o primeiro portal do motor “dedicado exclusivamente ao público feminino”, EllasConducen.com, vén (...)
Ler máisMeetic faise cos dereitos do seu rival, Match.com
A rede social especializada en contactos, Meetic, vén de anunciar a compra do seu meirande rival en Internet, Match.com, un portal de características semellantes ao seu comprador que, a mediados deste mes de febreiro, afirmaba ter como principal obxectivo para este 2009, “afianzar a súa posición como líder no mercado das procuras de parella por Internet”, (...)
Ler máisGZnación muda de deseño
No verán de 2007 a publicación GZnación estreou director e deseño web (obra de Abertal), e tras todo este tempo non foron poucos os cambios que viviu este medio electrónico, polo que decidiron que se reflectisen na aparencia da súa presenza en liña, e así estrean unha nova imaxe, mantendo a personalidade informativa que os identifica. A nova web de GZnación (...)
Ler máis0 | ... | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | ... | 680
