Artigos desta sección
Suso de Toro volve bloguear
O escritor Suso de Toro foi todo un pioneiro na blogosfera hai case unha década, pero o seu espazo Botelha ao mar perdeuse no esquecemento (a súa web baixo o dominio susodetoro.com non está dispoñible actualmente, aínda que conserva copia en Archive.org) e agora retoma a súa andaina cun novo espazo na Blogaliza do que deu conta no seu blog David de Ugarte. (...)
Ler máisO documento que deu lugar á web cumpre 20 anos
O 13 de marzo de 1989 foi a data na que Tim Berners-Lee publicou Information Management: A proposal, un proxecto para administrar mellor a monitorización do fluxo de investigacións no CERN, onde a meirande parte dos investigadores están só un par de anos, o que fai que á súa marcha se perdese moita información. Sementaríanse así as bases do que en poucos meses (...)
Ler máisPanini Comics estrea tenda en liña
Os afeccionados ao mundo do cómic (especialmente de coleccións da Marvel) que teñan dificultades para facerse con números atrasados ou simplemente que non vivan preto dunha libraría especializada poden facer uso da nova tenda en liña de Panini, na que atoparán os distintos produtos da editorial repartidos en categorías e que se recibirán comodamente no (...)
Ler máisPolémica polos cambios no sistema de medición de audiencias de medios dixitais por parte de OJD
Moitos periodistas comentan sarcasticamente que hai tres tipos de materiais xornalísticos: verdades, mentiras e estatísticas. E xusto dentro do último grupo entra unha grande polémica que afecta aos medios de comunicación pois o auditor de audiencias OJD vén de modificar o seu sistema de medicións, o que tivo unha clara repercusión nos resultados das páxinas (...)
Ler máisIntervida remodela a súa web infantil, facéndoa máis atractiva e navegable
Moitas veces, o feito de pensar que as cousas poden ser mellores do que son se se quere, pode axudar a cambialas, porén para facer do noso planeta un espazo mellor (que ninguén dubida que é necesario), precisamos da axuda de todos, incluídos os mais pequenos, que a fin de contas son os adultos do futuro e os que terán a tixola polo mango á hora de repartir (...)
Ler máisO Patrimonio cultural galego xúntase nunha nova páxina web
A Consellaría de Cultura e Deporte vén de poñer en marcha a plataforma en Internet da Dirección Xeral de Patrimonio que reúne os recursos na Rede sobre patrimonio cultural galego, Patrimonio.org, páxina web que conta con información práctica e de actualidade, fotos, vídeos, lexislación, rutas e un buscador de elementos patrimoniais. Este espazo nace coas fichas (...)
Ler máisOs clientes do correo POP de Telefónica detectan erros no servizo
A edición dixital de El Mundo de hoxe vén de avisar dunha avaría nos servidores de correo POP de Telefónica, que deixou sen servizo de correo electrónico aos clientes da conta asociada ao ADSL da compañía, dende o luns. Este fallo afectoulle aos usuarios con contas de correo tipo @telefonica.net, asociadas a clientes de correo electrónico, como Outlook ou (...)
Ler máisPecha a polémica web que cobraba por facer as tarefas escolares en Francia
O pasado xoves, o colectivo estudiantil francés espertou envolto nunha polémica, que enfrontaba a alumnos e mestres, ao non poñerse dacordo na utilidade que se lle podía dar a unha nova web, Faismesdevoirs.com (faime as tarefas), que saía á luz para axudarlle aos estudantes franceses a facer os seus exercicios da escola na casa. A ferramenta, que tivo que (...)
Ler máisGoogle AdSense engade anuncios expansibles
Dende Google anuncian con ilusión que veñen de incorporar á súa plataforma publicitaria a posibilidade de difundir anuncios expansibles, ou sexa, que potenciarán o uso de vídeos e audios en anuncios que amplían o seu tamaño cando o usuarios fai clic sobre os mesmos (por exemplo, para ver un trailer dunha película), aínda que esta mellora de AdSense posiblemente (...)
Ler máisO Concello de Brión crea unha conta en Facebook e renova a súa web
Unha vez máis, o Concello coruñés de Brión vén de sorprender aos internautas da bisbarra ao reforzar (aínda máis se cabe) a súa forte presenza en Internet, coa creación dunha conta na rede social Facebook, aberta a tódolos veciños e veciñas do lugar. O espazo, que xa conta con máis de 140 “amigos”, ten como obxectivo ofrecer un lugar na Rede “onde os residentes en (...)
Ler máis0 | ... | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | ... | 680
