Instagram quere converterse na televisión móbil
mércores, 20 de xuño do 2018
- Kevin Systrom foi o encargado de presentar IGTV
Instagram celebrou hoxe unha
presentación mundial na que deron conta de que xa contan con máis de mil
millóns de usuarios en todo o mundo, o que é todo un logro para unha plataforma
nacida en 2010 e que no parou de evolucionar nestes poucos anos, aÃnda que o
prato forte do acto foi a presentación
dunha nova funcionalidade da súa plataforma, IGTV, que chegará na forma
dunha nova aplicación para ver vÃdeos verticais máis longos dos creadores máis populares
e, aÃnda que estes vÃdeos estean pensados para o seu consumo na nova aplicación
que vén de ver a luz para iOS e para Android, tamén poderán verse dende a
aplicación ordinaria de Instagram, de xeito que os mil millóns de usuarios
poderán gozar de IGTV dende o primeiro dÃa.
IGTV busca ser a televisión de Instagram, diferenciándose do vÃdeo tradicional na
escolla da orientación vertical como formato, pero imitando o consumo televisivo
no feito de que, en canto a aplicación se abre, xa comeza a reprodución de
vÃdeo, de xeito que a interacción é máis semellante ao zapping que á busca de contido especÃfico, podendo o usuario
moverse entre as distintas seccións (Para
ti, Persoas que segues, Populares e Seguir vendo).
Os contidos de IGTV non estarán limitados aos 15 segundos das historias nin ao minuto
das publicacións, senón que optan por unha duración máxima de unha hora,
primando asà os contidos de maior duración, de xeito que competirÃa tanto coa
televisión tradicional como con contidos como os de YouTube, nos que coincide
no feito de que os creadores son as canles, permitindo que calquera poida
converterse en creador subindo os vÃdeos dende a aplicación de IGTV ou dende a
versión web.
InÃciase asà un novo capÃtulo para Instagram, no que o vÃdeo de longa duración pasa
a ter un peso importante en contrate aos contidos breves e efémeros que tanto
éxito tiñan até o momento, de aà que sexa bastante comprensible a segregación
do contido en dúas aplicacións, principalmente para atender aos intereses e a
dispoñibilidade de tempo do usuario nun momento determinado.
VÃdeo promocional de IGTV