Huawei atrévese cun smartphone con pantalla de 6,6 polgadas
luns, 1 de agosto do 2016
Continuando
a abordar as distintas tendencias do mercado, Huawei non só amplÃa
a súa familia Honor pola gama baixa, senón que tamén quere atender a
elevada demanda de terminais de grande tamaño, polo que pon á venda o seu
ambicioso Honor Note 8,
un smartphone de gama media que ousa lucir unha pantalla Super AMOLED de 6,6
polgadas cunha resolución de 2.560 x 1440 pÃxeles, o que supón unha grande
aposta pola calidade de imaxe e non só polo tamaño.
Este enorme teléfono pode sorprender polo seu grosor de 7,18 milÃmetros, e
aÃnda que pese 219 gramos, ao estar repartido nunha ampla área é de esperar que
non resulte pesado. Funciona cun potente procesador Kirin 955, 4 GB de RAM
(LPDDR4) e capacidades de almacenamento de 64 e 128 GB a un prezo de 2.499 e
2.799 iuans respectivamente (337 e 377 euros), cámara traseira de 13 MpÃxeles
con estabilización óptica de imaxe e frontal de 8 MpÃxeles (ambas cunha
apertura f/2.0), lector de pegadas dixitais, dobre SIM, sistema operativo EMUI
4.1 (baseado en Android 6.0) e unha
xenerosa baterÃa de 4.500 mAh que pode cargarse rápido a través do seu porto
USB-C e que promete autonomÃas de até 13,4 horas de reprodución de vÃdeo Full
HD ou 6,5 horas de uso combinado.
- Coas súas 6,6 polgadas o Honor Note 8 resulta bastante rechamante na man