HP presenta os seus novos produtos con webOS
xoves, 10 de febreiro do 2011
HP presentou os
seus novos produtos co sistema operativo webOS deixando claro que tiñan asumida
a absorción de Palm, de xeito que os seus novos dispositivos xa serán
directamente anunciados como de HP, comezando por 2 terminais móbiles e un
tablet que quere competir co iPad.
O HP
TouchPad sorprende por ser practicamente un calco do iPad de Apple, cunha
pantalla táctil de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768, unhas
dimensións de 190 x 240 x 13,7 milÃmetros, un peso de 700 gramos, Wi-Fi N,
Bluetooth e opción 3G e A-GPS, mellorando ao dispositivo actual de Apple por
contar cun procesador Qualcomm MSM8660 a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, webcam de 1,3
MpÃxeles, un sistema de carga indutiva e conectividade microUSB, aÃnda que
estas prestacións poderÃan igualarse por Apple nos vindeiros dÃas de
confirmarse o coñecido popularmente coma iPad 2.
O factor diferenciador do HP TouchPad serÃa o uso de webOS 3.0, sistema
operativo moi funcional comparable ao Android 3.0, contando con multitarefa
real e navegador web con soporte de Adobe Flash. Tamén busca a interacción con
outros dispositivos de HP mediante a tecnoloxÃa NFC, o que vai dar pé a
funcionalidades diferentes ás que estamos afeitos.
Por desgraza, este tablet non chegará ao mercado ata o verán a un prezo aÃnda
sen confirmar, o que dá a entender que vai ter serios problemas para competir
co novo iPad, pois non poderá aproveitar unha fiestra de tempo na que este
produto fose claramente superior.
Novos móbiles con webOS
- O HP Pre3 é un digno herdeiro dos móbiles de Palm
Pero HP non quedou só no seu iPad-killer,
senón que tamén presentou sucesores aos últimos móbiles de Palm, coma son o HP
Pre3 e o HP Veer, que coas súas diferenzas de tamaño buscan
adecuarse as necesidades de distintos usuarios.
O HP Pre3
chega cunha pantalla táctil de 3,6 polgadas cunha resolución de 480 x 800
pÃxeles, un procesador Qualcomm Snapdragon a 1,4 GHz, 512 Mb de RAM, cámara de
5 MpÃxeles, gravación de vÃdeo a 720p, 8/16 Gb de almacenamento, A-GPS, Wi-Fi
N, Bluetooth 2.1, a posibilidade de crear un punto de acceso Wi-Fi para ata 5
usuarios, baterÃa de 1.230 mAh compatible co cargador indutivo Touchstone,
unhas medidas de 64 x 111 x 16 milÃmetros e 156 gramos de peso.
- O Hp Veer opta por un deseño moi compacto
Pola súa banda, o HP Veer
aposta por un deseño máis compacto (54,5 x 84 x 15,1 milÃmetros) e lixeiro (103
gramos), unha pantalla de 2,6 polgadas cunha resolución de 320 x 400 pÃxeles,
procesador Qualcomm Snapdragon a 800 MHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno, cámara de 5 MpÃxeles, Bluetooth, A-GPS, Wi-Fi, a posibilidade de crear
un punto de acceso Wi-Fi e baterÃa de 910 mAh.
Ambos móbiles teñen teclado QWERT deslizante, sistema operativo webOS 2.2 ou
superior e aÃnda que non se coñece nin o seu prezo nin a súa data final de
lanzamento, deberÃan chegar ao mercado esta primavera, adiantándose ao HP
TouchPad.