HEROCast permite empregar cámaras GoPro para retransmisións televisivas en directo
martes, 14 de abril do 2015
As
cámaras de acción levan un tempo incorporando funcionalidades de comunicacións
sen fÃos para facilitar a súa monitorización e o seu control a distancia, pero
GoPro, para continuar a conservar a súa posición de liderado no sector, quixo
levar máis adiante estas tecnoloxÃa e anuncia
HEROCast, un transmisor que pode conectarse a unha das súas cámaras para
poder empregar o sinal de vÃdeo recibido en retransmisións televisivas.
Esta tecnoloxÃa xa se probou por parte da canle ESPN durante os últimos X Games
de Aspen e a última Honda All Star Weekend (NHL), entregando vÃdeo en primeira
persoa de competidores e xogadores, permitindo que os espectadores poidan
situarse no centro da acción a través do seu televisor.
Os micro transmisores HEROCast desenvolvéronse coa colaboración de Vislink, e
intégrase prefectamente cos actuais accesorios de GoPro, ofreceno vÃdeo a 60
cadros por segundo a 1.080 ou 720 liñas empregando codificación H.264.
HEROCast está dispoñible en dúas
versións diferentes, a básica (coa que se contacta a través dun cable HDMI,
para manter a cámara nun tamaño compacto e versátil) e a BacPac (na que o
emisor esta conectado directamente á cámara, o que serÃa ideal para
instalacións en paredes, vehÃculos e outra situacións nas que o tamaño da
cámara non fose crucial). En ambos casos terÃan un prezo de 7.500 dólares (7.055
euros), deixando claro que non estamos ante unha solución deseñada para o
público xeral, senón para contornos profesionais nos que o vÃdeo en primeira
persoa poida resultar enriquecedor para unha retransmisións televisiva.