Griffin converte o iPad nun caderno para colorear

venres, 8 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Griffin Technologiy chegou a un acordo con Crayola (compañía popular pola comercialización de ceras, lápises de cores e diversos utensilios artísticos principalmente orientados a cativos) para comercializar o Crayola ColorStudio HD, a combinación dunha stylus dixital iMarker e unha aplicación para iPad que serven para replicar a experiencia dos cadernos para colorear na pantalla do tablet de Apple, vendéndose esta curiosa solución por 29,99 dólares (uns 21 euros).
Co ColorStudio HD os rapaces pode realizar ilustración, colorear debuxos, realizar animacións e facer uso de efectos especiais (incluíndo efectos de son e música). Co iMarker pode debuxarse na pantalla capacitiva do iPad, facilitando enormemente o uso deste tipo de solucións, e destacando o feito de que os contidos producidos coa aplicación poden compartirse co mundo a través de correo electrónico ou de Facebook.
A aplicación inclúe máis de 30 páxinas para colorear, permite que creemos as nosas páxinas para colorear e facilita o seu uso como ferramenta de debuxo.


Presentación do Color Studio HD e iMarker

PUBLICIDADE