Gorilla Glass Victus protexerá os móbiles do futuro de caÃdas e rabuñaduras
venres, 24 de xullo do 2020
O principal fabricante de capas de protección para as
pantallas dos nosos móbiles, Corning, anuncia unha nova versión das súa
tecnoloxÃa Gorilla Glass, que en vez de continuar coa numeración habitual, opta
por un nome, ou sexa, que en vez de Gorilla Glass 7 chámase Gorilla
Glass Victus, asegurando que se trata no cristal Gorilla máis resistente
para produtos de electrónica de consumo móbil.
Nas probas de laboratorio os prototipos equipados con Gorilla Glass Victus
soportou caÃdas de até 2 metros de altura sobre superficies duras (cando outros
fabricantes limitan as probas de caÃda a 0,8 metros) e tamén aseguran que estes
novos cristais teñen o dobre de resistencia a rabuñaduras que a tecnoloxÃa
Gorilla Glass 6 e até 4 veces máis resistente que outros cristais da competencia.
Tendo en conta que xa hai máis de 8.000 millóns de dispositivos que ao longo da
historia foron equipados con Corning Gorilla Glass, non parece arriscado pensar
en que os cristais Gorilla Glass Victus van ter unha grande presenza no
mercado, sendo o primeiro fabricante en montar esta tecnoloxÃa Samsung (o que dá
a entender que será o cristal que protexerá a pantalla dos Galaxy Note que
presentaranse nos vindeiros dÃas).
VÃdeo promocional de Corning Gorilla Glass Victus