Google mellorará a información meteorolóxica en Android
xoves, 21 de xaneiro do 2016
Se hai unha categorÃa na que se prodigan as aplicacións
móbiles esa é a da meteoroloxÃa, con centos de ferramentas para consultar a predición
meteorolóxica, aÃnda que na meirande parte dos casos empregan as mesmas fontes,
e para evitar a necesidade de ter que recorrer a aplicacións de terceiros e pór
cada vez máis doado aos usuarios a consulta do estado do tempo dende Google
anuncian que están
a renovar a aplicación do tempo para Android.
AsÃ, cando busquemos sobre o tempo ou preguntémoslle a viva voz ao móbil se vai
chover mañá na aplicación de Google, aparecerá unha ficha coas condicións do
ceo e a probabilidade de chuvia a cada hora, alertas climatolóxicas, predición
a 10 dÃas, información sobre a calidade do aire, o Ãndice de radiación
ultravioleta, a hora do amencer e do solpor... ao que tamén se poderá engadir a
posibilidade de engadir as nosas localizacións favoritas para axilizar a
consulta da información do tempo nos lugares que máis frecuentamos ou aos que
imos viaxar. A aplicación tamén contará cun deseño novo, que facilite coñecer o
estado do tempo nunha única ollada, con cores de fondo que muden en función da
condición do ceo e incluso teremos unha especie de mascota que animará os
gráficos que representan esta información.