God of War: Ascensión terá modo multi-xogador
luns, 30 de abril do 2012
Hai un par
de semanas Sony anunciou o
desenvolvemento de God of War: Ascensión,
unha precuela da triloxÃa de Kratos que chegará á PlayStation 3 e da que
prometeran desvelar máis detalles hoxe, e asà o fixeron a través dun evento que puido seguirse en vivo a
través de Ustream, e no que Todd Papy, director do xogo, adiantou numerosos
detalle do novo tÃtulo que sorprende por contar por primeira vez na saga cun
modo multixogador en liña, no que ata 8 xogadores poderán competir en equipos
de 2 a 4 integrantes repartidos en faccións baseadas na ficción do xogo
(enfrontando a troianos con espartanos) e con clases definidas por deidades
(Zeus, Poseidón, Ares e Hades).
No modo multixogador será posible personalizar o personaxe controlado (con
traxe, armadura, armas e tatuaxes), non sendo posible elixir a Kratos (para
evitar ter que amosar en pantalla a 8 guerreiros iguais ou case iguais). Os
combates terán lugar en areas nas que conquistar unha zona antes que o equipo
contrario e podendo derrotar a xigantescos inimigos coma o titán encadeado que
puido verse no vÃdeo publicado hoxe mesmo.
Papy tamén revelou que Ascensión terá lugar antes de God of War: Chains of
Olympus, que xa era unha precuela do primeiro God of War. AÃnda que haxa moitas dúbidas sobre este camiño
narrativo, dá a impresión de que incorporaron a posibilidade de competir en
liña para engadir un elemento que leve aos seareiros desta saga a lanzarse de
cabeza a este tÃtulo que doutro xeito poderÃa non acadar a atención desexada
por Sony.
O multi-xogador de God of War: Ascensión visto en vÃdeo
- As areas do xogo facilitarán a mecánica de combate e incluirá grandes inimigos aos que facer fronte
- AÃnda que no modo multixogador non poderemos controlar a Kratos, poderemos personalizar ao personaxe empregado