Forza Horizon 4 supera os 7 millóns de xogadores
luns, 21 de xaneiro do 2019
Playground Games está a colleitar grandes éxitos grazas ao
seu Forza Horizon 4, xogo que o mes
pasado estrou a súa primeira expansión, Fortune Island,
que engadiu numerosos contidos para os xogadores tanto de Xbox One como de ordenadores
persoais con Windows 10, e que contribuíu a que mantivesen o pulo para poder
celebrar estes días que superaron
a barreira dos 7 millóns de xogadores.
Este xogo de condución de mundo aberto é un dos mellores xogos de 2018, que en
2019 segue moi vivo, con inmensos escenarios e emblemáticos vehículos e unhas excelentes
cifras das que presumir, como son máis de 4,6 millóns de horas de xogo vistas a
través de streaming dende o 9 de
outubro, máis de 822,7 millóns de millas percorridas polos seus xogadores, máis
de 377,7 millóns de carreiras descubertas e, en Horizon Life, máis de 4,1
millóns de propiedades vendidas e máis de 74,4 millóns de coches.
Un datos realmente impresionantes que demostran que os xogos de condución aínda
teñen un grande pulo, e no caso de Forza
Horizon 4 é aínda máis destacable, xa que pertence a unha franquía exclusiva
de Microsoft, ou sexa, que non está presente nin en PS4 nin en Nintendo Switch,
que son as consolas de moda.
Tráiler da expansión de Forza Horizon 4