Filtran novas imaxes do futuro móbil táctil de BlackBerry
luns, 31 de decembro do 2012
Un dos futuros móbiles táctiles de RIM, o BlackBerry Z10, que deberÃa ver a luz oficialmente o vindeiro 30 de xaneiro durante a presentación do novo sistema operativo BlackBerry 10, vén de ser captado novamente en imaxes por un blog, que ofrece imaxes de alta calidade do dispositivo á vez que comentan as súas prestacións. O BlackBerry Z10 terÃa unha xenerosa pantalla de 4,2 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 pÃxeles (356 puntos por polgada), procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, LTE, NFC e baterÃa de 1.800 mAh.
Tamén comentan detalles como que BlackBerry Messenger poderá empregarse para facer videochamadas con compartición de pantalla e ficheiros, que o seu navegador web soporta Flash e que a súa cámara con flash dispón de tecnoloxÃa de recoñecemento facial.
- O terminal que promete ser a insignia de BlackBerry 10 parece estar na liña dos últimos móbiles en chegar ao mercado tanto en deseño como en prestacións