Evoz facilitará a monitorización de bebés a través de terminais con iOS
xoves, 22 de setembro do 2011
O
4 de outubro vai estrearse Evoz, unha interesante solución que converte os
dispositivos con iOS en monitores de bebé, de xeito que pode empregarse un iPod
Touch, un iPhone ou un iPad tanto como receptor e emisor de audio grazas á unha
aplicación para o sistema operativo móbil de Apple, sendo tamén posible mercar
un monitor hardware de Evoz (que custará
uns 120 dólares) que faga de emisor.
A idea deste sistema é que o emisor conéctese á rede Wi-Fi doméstica, para
transmitir os ruÃdos ou choros que emite un bebé para poder recibilos tanto por
Wi-Fi como por 3G, evitando os problemas de alcance que teñen os monitores de
bebé tradicionais.
Esta solución busca funcionar como servizo, de xeito que permite escoitar ata
30 minutos/dÃa de balde, existindo a posibilidade de contar con escoita
ilimitada dende ata 2 dispositivos con iOS por 3,99 dólares/mes. Tamén venden
un paquete que inclúe o monitor hardware e 6 meses de servizo por 160 dólares
(esta última opción tamén permitirÃa acceder a un panel para que os pais poidan
ver a información sobre o sono e os choros do seu bebé).