Energy Sistem estrea uns auriculares sen fíos con NFC
luns, 12 de agosto do 2013
Aínda que a tecnoloxía NFC non está a empregarse para tantas
cousas como nos gustaría, existen usos moi claros da mesma, como a sincronización
de dispositivos sen fíos, e dentro desta liña Energy Sistem incorpora ao seu catálogo
os auriculares
estéreo Blueooth Energy Wireless BT7 NFC, que véndense en cor negra ou
branca a un prezo de 69,90 euros e que grazas á conectividade Bluetooth 4.0
pode reproducir sen fíos son limpo e claro con calidade de CD (trazas á súa
tecnoloxía apt.X).
Para poder emparellar estes auriculares cun smartphone ou tablet con NFC
chegaría con por en contacto ambos dispositivos, o que resulta moi cómodo, pero
os auriculares tamén poden empregarse con outras fontes de audio (non esquece
unha entrada de mini jack estéreo) e para cargar a súa batería interna (de 400
mAh, o que supón unha autonomía de ata 12 horas de reprodución continua)
podemos empregar calquera porto USB.
Os auriculares véndense cos cables USB e de audio e un estoxo de transporte.
Tamén integran micrófono con cancelación de ruído, polo que pode empregarse
para atender chamadas telefónicas que recibamos mentres estamos a escoitar música
ou outros contidos multimedia.
- Os auriculares inclúen os seus correspondentes cables e un estoxo de transporte