En agosto teremos unha nova cámara dixital instantánea de Polaroid
xoves, 28 de xuño do 2012
Parece trivial pensar que, coas cámaras fotográficas
dixitais, que facilitan ver as fotografÃas que saquemos ao momento na propia
pantalla da cámara ou noutros dispositivos (coma televisores) as vellas cámaras
instantáneas estaban abocadas a desaparecer, pero dende Polaroid non se dan por
vencidos e o vindeiro 15 de agosto vai traer ao mercado a cámara
dixital instantánea Z2300 por un prezo de 159,99 dólares.
Esta cámara de 10 MpÃxeles, con pantalla LCD de 3 polgadas e lector de tarxetas
SD de ata 32 Gb é unha Polaroid como as
clásicas por integrar unha impresora ZINK Zero, o que permite trasladar ao
papel as nosas fotografÃas en menos dun minuto, aÃnda que nun tamaño un tanto
ridÃculo (5 x 7,5 centÃmetros). Como no caso das vellas Polaroid, para que
funcione esta peculiar impresora é preciso facerse cun papel
especial que está á venda en paquetes de 30 unidades por 14,99 dólares ou
50 unidades por 24,99 dólares, o que non é a opción máis económica para revelar as nosas fotografÃas.
- A Polaroid Z2300 véndese en cor branca ou negra