empresas
CONGALSA lanza web de novos produtos saudábeis para o consumidor dixital: Ibercookfunfood.com
A empresa de alimentación CONGALSA, con sede de operacións na Pobra do Caramiñal, encara esta recta final do verán con novidades relevantes ligadas á innovación e ás tecnoloxías. Así, logo de ser recoñecida por segundo ano consecutivo no Informe Ardán da Zona de Franca de Vigo (nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora), a compañía de (...)
Ler máisAltia fornece de infraestrutura SAP HANA a Hijos de Rivera
A empresa galega Altia vén de proporcionar a Hijos de Rivera (Estrella Galicia) a infraestrutura en memoria SAP HANA. Co este fornecemento da consultora tecnolóxica iníciase na corporación cervexeira un proxecto de complexa transformación que, en palabras de Altia, “require non só coñecemento tecnolóxico senón tamén de negocio e de xestión de cambio”. A elección (...)
Ler máisA empresa TIC Dos Espacios, recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación
A empresa galega Dos Espacios Internet Consulting vén de ser recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación como Empresa Familiarmente Responsábel. O recoñecemento, en palabras da empresa de Vilagarcía, certifica a súa aposta firme por incrementar a calidade de vida das súas traballadores e traballadores como “estratexia cara ao éxito (...)
Ler máisOzona e o Grupo Euskaltel despregarán postos de teletraballo en modo cloud
O Grupo Euskaltel, do que forma parte da operadora R, e máis a firma tecnolóxica Ozona, con sede en Santiago, chegaron a un acordo para proporcionar, de xeito conxunto, contornas avanzadas de teletraballo, ou sexa, contornas en modo cloud que blinden a operatividade das empresas ante calquera incidencia (por exemplo unha pandemia como a que vivimos este (...)
Ler máisBalidea desenvolve a plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes
A empresa tecnolóxica Balidea, con sede principal en Santiago de Compostela, está a levar a cabo o deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma Green AI, un proxecto crave dentro do Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que dará cobertura a todas as súas (...)
Ler máisTRedess leva a Tailandia os seus transmisores Fourth Series para TDT
A empresa de Santiago TRedess, centrada na fabricación de transmisores e reemisores de Televisión Dixital Terrestre (TDT), vén de ser elixida polo operador estatal tailandés TBPS para abordar o primeiro treito da segunda fase de dixitalización do país. A participación de TRedess materializarase co fornecemento de case medio cento de quipos de media e baixa (...)
Ler máisDinahosting recibe o selo de empresas éticas do CCII
Dinahosting, empresa galegta provedora de hospedaxe, dixitalización e infraestrutura, vén de ser acreditada co selo de empresa ética outorgado polo Consello Xeral de Colexios Profesionais en Enxeñaría Informática de España (o consello estatal da profesión da Enxeñaría Informáticxa coñecido como CCII). Trátase dnha certificación que busca pór en valor a aquelas (...)
Ler máisAtlantTIC, Orange, Ericsson e Optare sentan as bases para converter a UVigo nun smart campus
AtlantTIC, Centro de Investigación das Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, participou a semana pasada (o mércores 9) na que sería a primeira das probas que acolle un campus galego arredor das novas capacidades da tecnoloxía 5G, desta volta aplicadas á seguridade e á xestión da mobilidade. O proxecto no que colabora o centro pretende avanzar (...)
Ler máisOs premios Galileo Masters salientan un proxecto vigués de xeolocalización por satélite
Dende Vigo chegaba hoxe a nova de que o proxecto CX-Geodron resultaba gañador da edición deste ano do Concurso Galicia Challenge, un concurso que se encadra na convocatoria europea dos premios internacionais Galileo Masters, convocados pola Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea. O dito proxecto propón desenvolver un sistema instalado en drons (...)
Ler máisEuskaltel adquire Telecable e afianza a súa arela de crear o gran grupo de cable do norte de España
O Grupo Euskaltel, do que forma parte a nosa operadora de telecomunicacións R, vén de establecer un acordo con Zegona para a adquisición de Telecable, operador referente en Asturias. A través do pacto entre Euskaltel e Zegona, o primeiro dos grupos fíxose co cen por cen de Telecable, sendo a súa idea, logo da alianza hai un ano e medio con R, dar forma ao que (...)
Ler máis0 | ... | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | 660 | 670 | 680 | 690 | ... | 880
