empresas
Imatia aposta na Coruña por un centro de operacións innovador e ampliábel
Dende o pasado verán, a empresa galega Imatia conta con sede seu na Coruña, un centro de actividade máis acaido (máis amplo, máis suxeito a novos procesos de creación e evolución) para as novas necesidades da compañía, un dos máximos expoñentes galego e estatal en materia de desenvolvemento web e traballos de dixitalización. Segundo nos conta a empresa este mes (...)
Ler máisVitae Consultores introdúcenos nas vantaxes de crear proxectos coa metodoloxía PM2
Vitae Consultores vai organizar esta tempada un obradoiro online moi indicado para mellorar o día a día das persoas que se adican a materializar proxectos tecnolóxicos avanzados, actualizando e optimizando non só as metodoloxías de traballo senón o ambiente laboral e o resultado final de cada proxecto. O curso Dirección e xestión de proxectos baixo a (...)
Ler máisAJE Ferrolterra cita ás PEME locais para axudalas co novo regulamento de datos
A Asociación de Empresarios Novos de Ferrolterra (AJE Ferrolterra) organiza este 10 de outubro unha cita para clarificar conceptos arredor do novo marco legal europeo relativo á salvagarda da información e o dereito á intimidade en materia de plataformas e redes dixitais. A xornada informativa sobre a nova Lei Oficial de Protección de Datos celebrarase no (...)
Ler máisA rede de Vodafone rexistrou un incremento do 18,54% no uso de datos móbiles en Noiteboa e Nadal
A operadora Vodafone fixo balance do uso da súa rede nestes días de Nadal, nas que rexistrou importantes incrementos en datos e voz os días 24 e 25 de decembro respecto das mesmas datas do ano anterior. O incremento en cuestión chegou a un pico do 18,54% en Noiteboa e Nadal en materia de datos móbiles. A hora con máis actividade na rede foi as 16.00 horas, (...)
Ler máisAtlanTTic e Balidea buscan voces en galego para ensinar á tecnoloxía a entender e falar na nosa lingua
Adestrar os algoritmos de Intelixencia Artificial que usan os axentes conversacionais por voz a través de gravacións de voces (datasets) de persoas falando galego, co obxectivo último de que as tecnoloxías entendan e se comuniquen na nosa lingua, é o gran obxectivo dun revolucionario proxecto desenvolvido por dúas investigadoras de AtlanTTic (Carmen García (...)
Ler máisEsta primavera Vitae achéganos á linguaxe DAX e a ferramenta interactiva Power BI
A linguaxe DAX (Data Analysis Expressions) está especialmente presente no ámbito actual da programación, e coñecer os seus segredos é fundamental para a creación de ferramentas e proxectos tecnolóxicos de toda índole. Trátase dunha escolma de códigos, funcións, constantes e expresións de fórmulas que se emprega en Analysis Services, Power BI e Power Pivot en Excel e (...)
Ler máisA tecnolóxica Seresco candidata aos premios European Small & MidCap
Os premios European Small & Mid-Cap xa teñen candidaturas que foron presentadas pola Bolsa e Mercados Españois, máis coñecido como BME Growth, os elixidos foron: Seresco, Greening, Revenga Smart Solutions e Cox Energy. Engadir que con motivo da celebración do foro Medcap, Seresco, a tecnolóxica decana en España, que ten en Vigo unha das súas sedes (...)
Ler máisCONGALSA lanza web de novos produtos saudábeis para o consumidor dixital: Ibercookfunfood.com
A empresa de alimentación CONGALSA, con sede de operacións na Pobra do Caramiñal, encara esta recta final do verán con novidades relevantes ligadas á innovación e ás tecnoloxías. Así, logo de ser recoñecida por segundo ano consecutivo no Informe Ardán da Zona de Franca de Vigo (nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora), a compañía de (...)
Ler máisVitae móstranos en febreiro como actualizar e migrar á nova versión 15 de Angular
A consultora galega Vitae vai comezar o ano cun curso de gran interese para a nosa comunidade de desenvolvedores e desenvolvedoras de ferramentas, aplicacións e recursos informáticos de toda índole, unha actividade formativa con potencial de abondo para mellorar a súa actividade profesional diaria. O curso (convocado en formato de aula virtual) (...)
Ler máisAltia fornece de infraestrutura SAP HANA a Hijos de Rivera
A empresa galega Altia vén de proporcionar a Hijos de Rivera (Estrella Galicia) a infraestrutura en memoria SAP HANA. Co este fornecemento da consultora tecnolóxica iníciase na corporación cervexeira un proxecto de complexa transformación que, en palabras de Altia, “require non só coñecemento tecnolóxico senón tamén de negocio e de xestión de cambio”. A elección (...)
Ler máis0 | ... | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | 660 | 670 | ... | 880
