Elixen ao Comité Xestor da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea
luns, 20 de xullo do 2009
A Plataforma Tecnolóxica
Audiovisual Galega, i+dea, celebrou
hoxe a súa segunda Asemblea xeral, na que foi elixido o Comité xestor,
integrado por Antón Reixa (Filmanova), como presidente; Antonio Posse (CRTVG),
como vicepresidente; Carlos Carballo (Voz Audiovisual), Antonio RodrÃguez del
Corral (R) e Noemà Varela (Plan Galego de I+D+i 2006-2010 INCITE), como
vogais; e Carla Reyes (CLAG), como secretaria. O novo Comité Xestor, cuxo
mandato será de dous anos, ten entre os seus obxectivos dinamizar a actividade
da plataforma relacionada coa definición e lanzamento de proxectos en
cooperación.
A segunda Asemblea xeral,
celebrada esta mañá no Club Internacional de Prensa de Santiago, foi inaugurada
polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de
Galicia, Ricardo Capilla Pueyo. Durante a sesión presentouse o balance de
actividades e iniciativas da plataforma no seu primeiro ano de andaina, no que
destaca o desenvolvemento de catro proxectos innovadores –Publinter, Render, Metavisual
e SCQ 2010- presentados ao programa AVANZA do Ministerio de Industria, e
cinco proxectos que serán presentados ao programa INCITE da Xunta de Galicia.
Durante este perÃodo, participaron nas actividades da plataforma case 600
profesionais, en torno aos distintos grupos de traballo constituÃdos.
No transcurso da Asemblea
celebrouse tamén unha mesa redonda, na que interviron Elena Couto Suárez,
de Filmanova, que presentou as propostas para o grupo de traballo de Contidos e
Formatos Audiovisuais Interactivos; Julián Flores, do Laboratorio de Sistemas
da USC, presentou as propostas de Animación e Xogos; Miguel Regueiro, de
Gradiant, presentou as propostas de Sistemas Avanzados para Producción e
Xestión Audiovisual; Jorge Algora, de Adivina Producciones, e Iago Elizatxea
presentaron as propostas de Televisión de Alta Definición; e José Ramón
Mosteiro López, de Netex Knowledge Factory, as propostas de V-Learning.
A Plataforma Tecnolóxica
Audiovisual Galega, creada en 2008, conta na actualidade con 88 socios
(52 empresas, 27 provedores de I+D, 7 institucións e 2 observadores) e ten por
obxectivo identificar, definir tendencias e explorar novas e emerxentes
oportunidades de investigación que teñan un impacto real no tecido industrial
galego.
