EGANET dá a coñecer os finalistas dos premios que entrega este xoves en Santiago
martes, 27 de marzo do 2007
Xa sabemos os nomes dos 27 finalistas dos Premios EGANET, os que convoca cada ano a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas TecnoloxÃas e que nesta cuarta edición entréganse este xoves 29 no Auditorio de Galicia a partir das 18.30 horas nun acto que contará coa presenza de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación. Os finalistas foron seleccionados por un xurado constituÃdo por profesionais galegos vinculados á Sociedade da Información, que tiveron que levar a cabo a escolma a partir de 163 candidaturas. Amais das nove categorÃas incluÃdas que citamos a continuación, EGANET engadirá un Premio Especial encamiñado a recoñecer o proxecto, entidade ou personalidade galega que máis teña contribuÃdo a afianzar o us das redes na realidade galega.
Estas son as candidaturas cos seus finalistas:
· Premio Iniciativa: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña), E2E Información Services S.L. (Vigo), Quobis Networks (Porriño).
· Premio Software Libre: Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) (Santiago), IES Chan di Monte (MarÃn) , Imaxin Software (Santiago).
· Premio Net-Art: ImaginaNovas TecnoloxÃas S.L. (O Grove), Interacción CIM S.L (Vigo)., Visual Publinet (Vigo).
· Premio Comunicación Web: Cristina Ayala (A Coruña) , Interacción CIM S.L.(Vigo) , Editorial Compostela, S.A (Santiago).
· Premio Comunicación Institucional: Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo (Vigo), Imaxin Software (Santiago), Información e Comunicación Local (Santiago).
· Premio Aplicación Online: Satdata Telecom (Culleredo), Pexego Sistemas Informáticos S.L. (Lugo), Loroestudio S.L (Ferrol).
· Premio E-Comerce: Guillermo e Hijos S.L. (Monforte de Lemos), Información e Comunicación Local (Santiago), IP Publicidad y Multimedia, Grupo Femxa (Vigo)
· Premio Mellor Campaña Publicitaria na Rede: Abertal Networks S.L.: campaña publicitaria Galicia Calidade (Carballo); Galiciabanner: campaña publicitaria Pescanova (Vigo), La Nuestra Comunicación Publicitaria S.L.: campaña publicitaria da Formación Profesional para a ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria (Oleiros).
· Premio TecnoloxÃa Accesible: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña), Concello de Abegondo (Abegondo), TADEGa.net (A Coruña).
