Cyberpunk 2077 volverá á PlayStation Store o vindeiro luns
mércores, 16 de xuño do 2021
O lanzamento do xogo Cyberpunk 2077 foi
extraordinariamente polémica, por mor dos numerosos erros que contiña o xogo e
polo seu moi deficiente funcionamento en consolas da anterior xeración, o que
levou a que o
tÃtulo fose retirado da PlayStation Store, medida que podÃa tomarse
inicialmente como unha humillación para CD Projekt Red, pero que demostrou ser
bastante prudente, xa que o xogo foi acumulando actualizacións e tardou máis de
medio ano en chegar a un estado que poida considerarse medianamente aceptable
para o seu retorno aos estantes dixitais de Sony.
Finalmente Cyberpunk
2077 volverá á PlayStation Store o vindeiro dÃa
21, pero este retorno non quere dicir que o xogo estea á altura
do prometido polos seus desenvolvedores, senón que simplemente xa non é un xogo
que está completamente roto, e dende
Sony advirten de que Cyberpunk 2077 continúa a ter problemas de rendemento en
PlayStation 4, polo que recomendan
que quen queira xogalo empregue unha PS4 Pro ou unha PS5, para conseguir asÃ
unha mellor experiencia de xogo.
O retorno do xogo á tenda dixital de PlayStation provoca grande curiosidade, xa
que poderÃa influÃr positivamente nas vendas, aÃnda que iso dependerá moito do
proceder de CD Projekt Red nos vindeiros meses, xa que a compañÃa ten que demostrar
que segue a coidar este tÃtulo para que a súa compra poida compensar a longo
prazo.