Crackdown 2 estrea retrocompatibilidade ofrecéndose de balde

luns, 11 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Para que o lanzamento de Crackdown 3 teña un maior pulo, dende hai uns meses está dispoñible de balde a primeira entrega da saga e, para continuar a botar leña ao lume, Crackdown 2 estreou retrocompatibilidade e seguiu os mesmos pasos que a primeira entrega da franquía, de xeito que pódese descargar de balde.
Temos así que os usuarios de Xbox One poden gozar dos dous primeiros xogos de Crackdown totalmente de balde, recuperando así uns títulos de grande éxito en Xbox 360 que coa súa terceira entrega chega tamén a Windows 10, polo que ampliará a súa base de xogadores potenciais.
Resulta rechamante que tardase tanto en chegar a terceira entrega de Crackdown, dando a impresión de que Microsoft deixou esta marca na recámara como unha aposta segura para fornecer o catálogo de Xbox One de cara ao remate da súa xeración, pero a pausa foi demasiado longa, polo que moitos xogadores actuais non recoñecen a franquía, polo que máis dun agradecerá poder botar un ollo ás primeiras entregas sen ter que pasar por caixa.

PUBLICIDADE