O primeiro Crackdown pode descargarse de balde

venres, 9 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Para febreiro de 2019 está previsto o lanzamento de Crackdown 3, un esperado xogo de acción para Xbox One e Windows 10 que convídanos a loitar contra o crime como un axente con superpoderes nun espazo de caos e destrución e, como un bo xeito de introducirnos neste universo temos estes días de balde a primeira entrega da saga, Crackdown para Xbox 360.

O primeiro Crackdown é un título retrocompatible, ou sexa, que pode xogarse sen problemas en Xbox One, servindo así para que nas consolas modernas podamos somerxernos na súa ambientación futurista para comprobar se é do noso gusto a súa proposta e así poder decidir de mellor xeito se apostaremos pola súa nova entrega, que suporá un importante salto gráfico, especialmente para os usuarios dunha Xbox One X, xa que tira proveito do 4K e o HDR para ofrecer un nivel de gráfico notable.

PUBLICIDADE