Chega a Indiegogo unha pulseira conectada con son por transmisión ósea
luns, 2 de decembro do 2019
Unha nova pulseira de actividade quere facerse un oco no
mercado a
través dunha campaña de micromecenado en Indiegogo, incorporando funcións
innovadoras máis propias dun smartwatch como reclamo. Esta pulseira chamada Get pretende converterse en realidade en
abril, tendo que aboar os mecenas que desexen un destes dispositivos a partires
de 199 euros (aÃnda que contan con deseños por volume, de xeito que 10
pulseiras custarÃan 1.099 euros).
Pero, que ten de innovador esta pulseira conectada? Non falamos dun accesorio
que simplemente monitoriza a actividade fÃsica, senón que tamén integra NFC
para poder realizar pagamentos móbiles con comodidade (incluso integra un
lector de pegadas dixitais), aproveita a vibración para notificar ou incluso
indicar cara a onde temos que dirixirnos, recoñece xestos e, como detalle sorprendente:
integra tecnoloxÃa de son por transmisión ósea. Deste xeito podemos aproveitar
a pulseira para interactuar co nosos asistente de voz favorito (Alexa, Siri ou
o Asistente de Google) e incluso poder escoitar a resposta de xeito privado
premendo cun dedo sobre o ouvido, funcionalidade que tamén pode aproveitarse
para escoitar contido sonoro e responder a chamadas telefónicas.
A pulseira Get incorporará conectividade Bluetooth 5.0, Wi-Fi, NFC e carga sen
fÃos (pode cargarse nunha hora e a súa autonomÃa chegarÃa até os 5 dÃas).
Un dos detalles máis curiosos deste proxecto é que xa trunfou
o pasado verán en Kickstarter, e aÃnda que os seus responsables levan un ritmo
de comunicación realmente lento (que incluso fixo temer polo posible abandono
do proxecto), aseguran ter recibido fondos da Unión Europea a través do
programa de aceleración SmartEEs, polo que a solvencia do proxecto parece
asegurada, aÃnda que cómpre lembrar que neste tipo de iniciativas é pouco
frecuente cumprir cos prazos de entrega prometidos.
VÃdeo promocional da campaña de Get en Kickstarter