Chega a España o Lumia 830, integrando cámara PureView nun grosor de só 8,5 milÃmetros
venres, 3 de outubro do 2014
O mes pasado Microsoft presentou o que poderÃa considerarse
como o seu novo smartphone insignia asumible,
que combina as prestacións propias dos terminais de máis alta gama, pero
axustando o seu prezo. O novo teléfono, o Lumia 830,
chega asà cunha magnÃfica cámara traseira PureView de 10 MpÃxeles, co sistema
de estabilización óptica de imaxe máis delgado e lixeiro da súa serie, polo que
consegue unhas fotografÃas de luxo sen ter que engordar excesivamente o
dispositivo (como acontece co Lumia 1020). E este esperado smartphone por fin
chega a España, vendéndose dende mañá mesmo a un prezo recomendado de 419 euros
(sendo posible atopalo xa por debaixo dos 400 euros).
O Lumia 830 conta cunha pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x
720 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1
Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de
memoria de até 128 Gb), cámara frontal con grande angular de 0,9 MpÃxeles,
receptor de radio FM, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, NFC, LTE, carga sen fÃos, baterÃa
de 2.200 mAh, un grosor de 8,5 milÃmetros e un peso de 150 gramos. En vista
destas prestacións, poderÃa considerarse como unha versión compacta do vello
Lumia 920, ao que mellora en cámara, pero co que se diferencia principalmente
no grosor e o peso (que no vello teléfono eran de 10,7 milÃmetros e 185 gramos respectivamente).
O novo smartphone funciona coa última actualización de Wndows Phone 8.1 (Lumia
Denim), o que permÃtelle gozar de numerosas prestacións que aÃnda non chegaron
oficialmente a outros dispositivos co sistema operativo móbil de Microsoft.
VÃdeo de demostración do Lumia 830