Carlos Elías imparte esta semana unha charla recursos útiles contra as fake news

luns, 19 de febreiro do 2024 S. P.

O catedrático de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e catedrático Jean Monet EU, desinformación e fake news, Carlos Elías, imparte este xoves 22 de febreiro (ás 19.00 horas na Sala Carlos III da Fundación Exponav), a conferencia Ciencia e Xornalismo como ferramenta contra as fake news.
Farao convidado pola Cátedra Jorge Juan que promove a Universidade da Coruña (UDC) en colaboración coa Armada e que dirixe a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.
Ao longo da súa intervención, o catedrático de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), Carlos Elías, afondará en como se produce e como se transmite a información falsa. Do mesmo xeito, tamén explicará por que as teorías de conspiración son “tan facilmente aceptadas polo conxunto da sociedade”. Segundo avanza, “entre as ferramentas que se mencionarán para loitar contra a desinformación está a ciencia e o pensamento racional, pero tamén o xornalismo, xa que a verificación dunha noticia está inspirada no método científico”.
A asistencia á conferencia Ciencia e Xornalismo como ferramenta contra as fake news é libre e gratuíta ata completar o aforo da sala.

PUBLICIDADE