A Aula CeMIT de Boiro ofrece en febreiro e marzo novas formacións en ofimática

martes, 20 de febreiro do 2024 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro, emprazada no primeiro andar Centro Social da vila boirense, abre o prazo de inscrición para os novos cursos de formación tecnolóxica que se van impartir no mes de marzo nas súas instalacións, achegando, desta volta, recursos envorcados na ofimática con ferramentas libres. As prazas serán limitadas e as persoas interesadas deberán formalizar as súas inscricións na Aula CeMIT.
O primeiro dos cursos que se vai desenvolver é o de Libreoffice Writer, que terá lugar na Aula CeMIT entre o 26 e o 29 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas. Entre o 4 e o 7 de marzo no mesmo horario vaise impartir o de Lifreoffice Calc; entre o 11 e o 14 de marzo formación en Libreoffice Base e entre o 18 e o 21 de marzo Libreoffice Impress.
Máis información e inscricións para asistir ás formacións en competencias dixitais de ofimática no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou Whatsapp 629 769 139.

PUBLICIDADE