Canon presenta novas cámaras con sensores de 32,5 MpÃxeles
xoves, 29 de agosto do 2019
Esta
semana Canon
está a estrear un par de cámaras de alta velocidade con obxectivos
intercambiables e sensores APSC-C de nova xeración que, pese a coincidir en
moitas das súas caracterÃsticas, teñen diferenzas notables que fan que se adapten
a distintos tipos de fotógrafos.
As Canon EOS 90D e EOS M6 Mark II contan ambas con sensor CMOS APS-C de 32,5
MpÃxeles, procesador de imaxe DIGIC 8, gravacións de vÃdeo 4K a 30 imaxes por
segundo e Full HD a 120 imaxes por segundo, enfoque automático CMOS Dual Pixel,
obturador electrónico de até 1/16.000, Wi-Fi e Bluetooth, ou sexa, que estamos
ante dúas máquinas cun interior moi semellante, pero o seu deseño exterior
deixa claro que teñen enfoques diferentes.
A Canon EOS 90D serÃa unha
cámara réflex, de xeito que ten un corpo de maior tamaño, cun visor óptico
apiado por unha pantalla táctil LCD de ángulo variable, capaz de disparar até
10 fotografÃas por segundo e grandes posibilidades de enfoque que fai que
esteamos nunha cámara moi axeitada para a captura deportiva ou de vida salvaxe.
Ten previsto chegar ao mercado a mediados de setembro a un prezo de partida de
1.199 dólares (nos EE.UU.).
VÃdeo de presentación da Canon EOS 90D
Pola súa banda a Canon
EOS M6 Mark II ten un tamaño máis compacto (ao ser unha cámara sen espello)
e un corpo máis lixeiro, é capaz de disparar até 14 fotografÃas por segundo con
enfoque automático ou até 30 imaxes por segundo disparando a refoladas. Permite
seleccionar os puntos de enfoque automático na súa pantalla táctil de 3
polgadas (que pode xirarse completamente para facilitar os autorretratos) e
tamén conta con enfoque automático Dual Pixele e enfoque automático aos ollos.
ConfÃase en que chegue ás tendas a finais de setembro a un prezo que parte dos
849,99 dólares (nos EE.UU.).
VÃdeo de presentación da Canon EOS M6 Mark II