Canon non lanzará novas cámaras DSLR profesionais
mércores, 29 de decembro do 2021
O
director xeral de Canon, Fujio Mitarai,
nunha entrevista para o xornal Yomiuri Shimbun, indicou que a cámara Canon
EOS-1D X Mark III será a derradeira da súa categorÃa, ou sexa, que o fabricante
xaponés deixará de lanzar modelos profesionais de cámaras réflex (DSLR)
confirmando que a demanda do mercado mudou e que actualmente o público quere
cámaras sen espello.
A serie EOS-1 leva no mercado dende 1989, e aÃnda continuarán a vender as
cámaras desta familia durante varios anos, Canon centrará os seus esforzos no
deseño de novas cámaras en formatos máis modernos, dando por rematada a batalla
entre DSLR e mirrorless.
Cómpre salientar que estamos a falar unicamente da gama profesional, ou sexa,
que para cámaras de consumo máis económicas o formato réflex aÃnda non está
morto, e poderÃan continuar presentes aÃnda un bo tempo xa que resultan económicas,
especialmente para os usuarios que están a iniciarse na fotografÃa con cámaras
con obxectivos intercambiables.
Dado que o mercado das réflex está dominado por Nikon e Canon, que esta última estea
a preparar a despedida dese formato é un sinal dos tempos que vivimos, nos que
a fotografÃa dixital evoluciona a un grande ritmo, e non só estamos a ver como
as cámaras profesionais perden o espello, senón que tamén están a dicir adeus
aos obturadores fÃsicos, de xeito que cada vez son máis semellantes ás cámaras
dos móbiles, sendo a principal diferenza o tamaño dos sensores e dos obxectivos
(xa que incluso comparten en moitas ocasións o software de procesado de imaxe).