Caixa externa para protexer un disco duro con chaves RFID

venres, 18 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que desexen transportar datos de xeito seguro poden optar por comprar unha caixa para discos duros de 2,5 polgadas que emprega tecnoloxía RFID para cifrar os contidos do disco que se monte na mesma, de xeito que hai que empregar unha chave por radiofrecuencia para poder acceder ós datos que se garden no disco (de non usarse a chave, o equipo ó que se conecte detectará un disco sen formato).
O STYSEN E08 RFID se vende a 56 dólares (37,81 euros) e funciona con discos duros Serial ATA de 2,5”, é compatible con Windows e Mac, mide 132 x 81,7 x 14,2 mm e pesa 92 gramos. Conéctase ó PC a través dun porto USB 2.0 e para evitar problemas, o disco duro inclúe dúas chaves RFID (para gardar unha en caso de perda).