Blusens estará presente na GITEX de Dubai

xoves, 25 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe da edición do ano pasado da GITEX TECHNOLOGY WEEK

A filial en Dubai de Blusens estará presente na feira GITEX TECHNOLOGY WEEK que terá lugar entre os días 19 e 23 de outubro no Centro Internacional de Convencións de Dubai. A semana tecnolóxica GITEX é un evento de referencia tecnoloxica na rexión e Blusens pretende aproveitalo para deixar clara a súa aposta polo Medio Oriente. A empresa de orixe galega estará presente no stand C10 do Maktom Hall.
A participación na GITEX toma así o relevo do IFA de Berlín, servido para amosar ao público as últimas novidades tecnolóxicas de Blusens, coma o reprodutor portátil KEIA, o HED coma solución de fogar multimedia e a nova gama PRO-line (dedicada ao equipamento profesional).